Pilar Pallarés: "A Universidade leva tempo convertida nunha fábrica de preparación de man de obra"
- Christian Rodríguez
- 12 dic 2019
- 5 Min. de lectura
· "Creo na capacidade das palabras para salvar o que está condenado a destrución"
· "O uso das linguas non pode basarse en cuestións sentimentais ou ideolóxicas"
· "O que para un galés ou un irlandés é o normal, en España segue sorprendendo"
Pilar Pallarés (Culleredo, 1957) sumou fai dúas semanas o Premio Nacional de Poesía 2019 ao seu palmarés e confirma que xa prepara con Gonzalo Hermo a tradución de Tempo fósil ao inglés. O xurado do Ministerio de Cultura y Deporte premiou esta obra por "transmitir con profunda sabedoría e emoción, ao tempo lúcida y desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do vivido, do que nos configura, desde unha conciencia da paisaxe como un corpo vivo”. Con estas palabras merece o galardón —valorado en 20.000 euros— o poemario que versa sobre a demolición da casa dos pais de Pilar e outras 70 máis no ano 2011 para a construción do Aeroporto da Coruña. Se trata da segunda galega condecorada con este premio, despois de que Manuel Álvarez Torneiro o gañara en 2013 con Os ángulos da brasa. Filóloga, ensaísta e profesora, falamos con ela sobre o balance do Premio, a educación e a lingua galega.
—Tempo fósil nace coa vontade de que "na perda algo quede"... viría dicir algo así como que hai que aproveitar as crisis para medrar, ou como debemos entender a obra?
—Esta obra xurde da miña propia obsesión co tempo na miña vida persoal. Xa no Livro das devoracións reflexionei acerca do tempo, os procesos destructivos, a dexeneración, o vacío, a nada. Creo na capacidade de rexeneración que teñen as artes e as palabras para salvar aquilo que está condenado á destrución. Sempre que escribo tento atopar o anverso e o reverso das situacións negativas, ou sexa que sí, poda que Tempo fósil estea conectado co crecemento a partir dunha crise.
—Fala nunha conversa con El País de sentimentos ambivalentes e de coñecemento da soidade na etapa na que vivíu nesta casa. Proveñen do desligamento coa súa aldea, A Ermida?
—O material inicial é a miña propia vida e experiencia, temas do meu interese, así o punto de partida de Tempo fósil é a desaparición da casa herdada dos meus avós. Meus avós eran labregos, meus pais, obreiros, e a miña xeración foi a primeira en acceder tan sequera ao ensino medio. Fomos construir a casa a un lugar apartado, algo lonxe da nosa parroquia, e sí que perdín vínculos cos veciños. O soño dos meus pais de facer a casa significaba a fundación de algo novo fora da precaridade inicial e nel poemario recollo a nostalxia e añoranza dunha casa que ás veces odiabamos. A construción do aeroporto provocou ademáis a desaparición do entorno natural arredor das casas, o que alterou por completo os ciclos ecolóxicos. O proceso poético revélame sentimentos que eu tiña gardados no subconsciente, a dor que me produciu a destrucción sen piedade da natureza do lugar, e sobre todo, a destrución dese soño dos meus pais, que ten un claro compoñente de clase. Ademáis, ao tratarse de libros de larga produción no tempo, os poemas relaciónanse con outros acontecimientos que están a ocorrer nese momento, así algúns poemas inspíranse na crise dos refuxiados do 2015. Actualmente sigo vivindo nun entorno simbiótico como era en Culleredo, a medio camiño entre o rural e o urbano, aínda que agora desenvólvame nun ámbito máis burgués.
O proceso poético revélame sentimentos que eu tiña gardados no subconsciente, a dor que me produciu a destrucción sen piedade da natureza do lugar, e sobre todo, a destrución do soño dos meus pais
—Durante as últimas semanas organizáronse asembleas en varias facultades da USC, un xerme que estendeuse desde Medicina cos alumnos protestando pola falla de profesorado e os horarios partidos e a excesiva carga presencial á que obriga o Plan Bolonia. Desde a súa experiencia como docente, comparte estas reivindicacións?
—Evidentemente. O ratio alumnado-profesorado é unha cuestión fundamental producto dunha serie de recortes á Educación, e algo parecido ocorre coa Sanidade. Un dos motivos do fracaso no ensino de inglés, a parte da metodoloxía empregada, é que é materialmente imposible coa cantidade de alumnos que hai en un curso. A Universidade leva tempo convertida nunha fábrica de preparación de man de obra máis ou menos cualificada. A Educación non se valora porque é perigosa.

Tempo fósil, de Pallarés, xa recibiu o Premio de la Crítica 2018. Fuente: Distrito Xermar
—Dicía Xosé Luis Méndez Ferrín nunha entrevista que todo escritor que publica en galego é independentista. Me gustaría saber ata qué punto está de acordo con esa afirmación
—Depende do contexto histórico. Antes da Guerra Civil, no tempo da Xeración Nós ou das Irmandades da Fala, o emprego do galego significaba tomar partido. A partir da Transición, aún nos anos oitenta a escolla estaba sempre ligada, non necesariamente ao independentismo, senón aos dereitos de Galicia como nación. No momento actual e que pese á precaria situación temos bos editores en galego, hai escritores que pensan nuns destinarios non exclusivamente galegos e que o van ter máis doado cun enfoque cara a Madrid que cara á Coruña, e tamén quenes escriben en galego de manera consciente e non son nacionalistas nin independentistas. Creo que a declaración de Ferrín é matizable pois depende da circunstancia, de se é factible ou non.
—Que dignifica máis, o uso da lingua como instrumento de comunicación e artístico ou como ferramenta política?
—A función primordial das linguas é a comunicación. As persoas non falan un idioma por cuestións sentimentais ou ideolóxicas, senón porque é útil. Nin o galego nin o bretón nin o vasco poden pervivir por gracia de un valor simbólico ou por a identificación afectiva dos falantes. En Galicia, salvo que sexas funcionario da Xunta, podes vivir perfectamente sen falar galego. A Constitución non recolle nin a obrigación nin o dereito a utilizar o galego e os poderes políticos e económicos poderían prescindir del sen problema. Quizáis sexa esa a situación que hai que mudar desde a política.
En Galicia, salvo que sexas funcionario da Xunta, podes vivir perfectamente sen falar galego. Os poderes políticos e económicos poderían prescindir del sen problema
—Elena Ferro, Anxo Quintela e Xosé Manoel Núñez Seixas son outros dos galardoados con Premios Nacionales este ano, todos galegos. Que lle inspira este feito?
—Elena Ferro merece todos os premios do mundo, Anxo Quintela é un gran xornalista... Teño comentado con amigos escritores que a cultura galega pasa por un bo momento, moi dinámico e vital. No caso concreto da poesía en galego, autores como Antonio Gamoneda din que ten máis calidade que a escrita en español. Eu tampouco esperaba en absoluto que me deran o Premio. O que máis me sorprendeu foi a reacción por parte da prensa española, sobre todo a dalgúns dos medios de dereitas do centro do Estado. Cando falei con La Razón as primeiras preguntas foron sobre o galego e despois titularon con "los premios del nacionalismo". O que para un galés ou un irlandés é o normal, no noso contexto aínda chama a atención. Nun premio estatal ao que optan obras en catro linguas non debería sorprender que gañe un galego o un catalán. É anacrónico e ata ridículo.
Comments