top of page

O Santiago (é) tapas remata este domingo

  • Irene Pérez
  • 28 nov 2019
  • 1 Min. de lectura


Un total de 109 tapas diferentes pódense degustar aínda, e ata este domingo día 1 de decembro, no está activo o XII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, organizado pola Asociación de Hostalaría de Compostela e promovido por Turismo de Santiago.


No certame, o público pode disfrutar das tapas dos locais, que están agrupadas en varias (é)tapas que recordan aos diferentes camiños de Santiago. Tapas tradicionais (1-2€) ou creativas (3-3´5€) e tamén cócteles para aproveitar os últimos días desta edición. Durante o concurso, que se celebra do 14 de novembro ao 1 de decembro, o público pode votar as tapas dos locais participantes cubrindo os pousavasos que reciben coa consumición.


A próxima semana, a do seis de decembro, celebrarase a gran final, coas 10 mellores tapas elixidas por un xurado profesional entre todas as ofrecidas polos 77 locais participantes.

Comments


Logo.png

©2019 por La Última Jaula. Creada con Wix.com

bottom of page