top of page

Olga Syniakova triunfa no II Concurso de Canto “Compostela Lírica” da Asociación Amigos da Ópera

  • Foto del escritor: Laura López
    Laura López
  • 10 dic 2019
  • 2 Min. de lectura

Xunto coa portuguesa Beatriz de Sousa e a galega Lucía Iglesias, foron as vencedoras do certame


Olga Syniakova, da Ucraína, coroouse como a gañadora do segundo concurso de canto Compostela Lírica. O certame tivo lugar no Teatro Principal da capital galega e foi organizado pola Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC). Na segunda posición situouse a portuguesa Beatriz de Sousa. Ámbalas dúas concursantes foron premiadas cun recital remunerado e un galardón de 3.000 euros para a primeira e 1.000 euros para a segunda posición.


Olga Syniakova despois da súa actuación. Fonte: ADOC.


O Teatro Principal preparábase este sábado para recibir ás mellores voces do panorama nacional e internacional, sendo algunhas das procedencias máis soadas Estados Unidos, Ucraína, Venezuela, México, Alemaña, Portugal ou Puerto Rico. O certame contou coa participación de 40 cantantes dos que 27 (20 mulleres e 7 homes) particuparon na fase eliminatoria e 10 na fase final.


As vencedoras do II Concurso de Canto. Fonte: ADOC.


O xurado que decidiu que Ucraína e Portugal eran as mellores voces da edición estivo composto polos críticos musicais Victoria Stapells e Arturo Reverter Gutiérrez de Terán; o director artístico da Ópera de Oviedo, Celestino Varela; o director dos coros da Orquesta Sinfónica de Galicia, Joan Company Florit; e a mezzosoprano e profesora de canto, Graziela Valceva Fierro. O secretario de ADOC, José María Miranda, actuou como secretario do xurado. Ademais, escolleu á lucense Lucía Iglesias como a mellor voa galega, a cal recibiu o premio Andrés Gaos, que é un festival remunerado promovido polo Consello da Cultura Galega.

O director xeral de Políticas Culturais, M. Lorenzo, destacou o alto nivel dos participantes e a consolidación do concurso como o único do norte de España

Xa durante a presentación desta nova edición, o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, destacou o alto nivel que presentaron todos os participantes na cita, que se consolida neste ano como o único certame das súas características no norte de España.


O evento estivo promovido pola Asociación Amigos da Ópera en colaboración co Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega e a Fundación José Otero-Carmela Martínez

Comments


Logo.png

©2019 por La Última Jaula. Creada con Wix.com

bottom of page