Dan Smith convirte "Doom Days" nunha declaración nostálxica ao hedonismo
- Laura López
- 10 dic 2019
- 3 Min. de lectura
A banda inglesa Bastille formou parte do cartaz da última edición de O Son do Camiño
Nostalxia, un futuro do que se quiere fuxir e unha oda á noite noche. Ao longo dos case diez anos que a banda Bastille leva subida aos escenarios, a temática vén sendo constante, non só para as súas composicións, senón tamén para a súa estética visual. Formouse a través dunha ollada de melancolía cara antigos éxitos dos noventa como Would I lie to you de Charles&Eddie ou Rhythm of the Night de Corona e consolidouse cunha contundente pregunta sen resposta que sintetiza a incerteza sobre o futuro: "how am I gonna be an optimist about this?” da súa afamada canción Pompeii que o pasado mes de xuño fixo vibrar o Monte do Gozo na segunda edición do festival O Son do Camiño. Agora, da man de Doom Days, Bastille alcanza o clímax do escapismo e do hedonismo.

Carátula do álbum. Fonte: Bastille, Facebook
Con un total de nove cancións, a banda encabezada por Dan Smith trata de reproducir os sentimentos que pode albergar cada hora e cada minuto dunha noite. Dende un cuarto de hora pasado da medianoite (o que dá nome ao primeiro single do álbum, Quarter Past Midnight) ata a primeira hora da mañá con Joy, os integrantes do grupo percorren os estadios nos que se poden atopar as criaturas nocturnas (as Nocturnal Creatures das que falan eles mesmos). Soidade, amor, desexo, felicidade, incerteza, loucura. Recollen todas as posibilidades, dende a escuridade máis profunda, ata a maior claridade.
Conta con cinco singles moi elaborados (o mencionado Quarter Past Midnight, Doom Days, que lle dá nome á obra, Joy, Those Nighs e Another Place) e que narran unha historia, con inicio, nó e desenlace ao poñelas en conxunto. Sen embargo, estes víronse indubidablemente eclipsados pola canción que a banda inglesa estreou en colaboración co artista Marshmellow, Happier, que inundou durante todo o verán as radios de todo o mundo. Así mesmo, pasados varios meses dende a estrea de Doom Days, a banda comeza a pecar do que acostuma facer: crear varias versións dunha mesma canción. O pasado catro de novembro, xunto coa cantante Alessia Cara, lanzaron unha segunda versión de Another Place. Isto chega a ser confuso para os oíntes habituais da súa música, xa que tamén adoitan retomar éxitos antigos (propios e alleos) e darlle unha nova volta.
A banda inglesa estreou en colaboración co artista Marshmellow, Happier, que inundou durante todo o verán as radios de todo o mundo
Por outra banda, unha vez máis, a estética e a música van da man. A defensa evidente do escapismo e do hedonismo que están presentes nos seus pentagramas, tamén se atopa no deseño gráfico do álbum. Xa na portada do disco, que mostra as figuras de varios corpos, e a súa parte posterior, na que se poden observar brazos e mans acariñándose, transmiten un desexo pola busca do pracer e tamén por escapar e ausentarse da realidade.

A banda ao completo nun dos últimos concertos do tour. Fonte: Untold, Facebook
Agora comézase a entender por que a palabra máis empregada por Bastille nas letras das súas cancións é a noite, algo que xa se comeza a intuír no seu primeiro álbum de estudo, Bad Blood ou no segundo, Wild World. Demostran que algunhas noites son para vivilas en compañía e outras en soidade. Sen embargo, sexa cal sexa a opción, Bastille sempre será a banda sonora dos seres da noite.
Comments